martes, 12 de septiembre de 2017

GRAPHIC JAM - SPEED DATING

O GRAPHIC JAM quere dar a oportunidade aos participantes de dispor dun encontro co fin de acadar acordo, orientar e coñecer outras oportunidades que ofrece o sector cultural.

¿Buscas alguén que che axude a desenvolver o teu TFG? ¿vas a crear un proxecto multidisciplinar e non tes colaboradores? ¿queres facer unha curta e precisas equipo? Este espazo e para atopar o teu equipo.

O Speed Dating se basea na formula de "quedadas para buscar parella", estas citas son minientrevistas de 5 minutos. O obxectivo é que os estudiantes e profesionais noveis se coñezan e que da aí poidan xurdir futuros proxectos, colaboracións ou ideas innovadoras.

Esta actividade ten límite de prazas. Aqueles interesados en participar nesta actividade deberán comunicalo via email a minhocoestudio@gmail.com indicando no asunto "SPEED DATING".

O prazo para inscribirse remata o 24 de setembro de 2017.
Tódala info nas bases. ¡Pincha na imaxe e comparte! 

https://www.facebook.com/graphic.jam.event


No hay comentarios:

Publicar un comentario