jueves, 12 de octubre de 2017

GRAPHIC JAM 2017: unha crónica en imaxes


 Fotografías por VIRGINIA DE

O GRAPHIC JAM desenvolveuse durante o sábado 30 de setembro, no centro Ágora de A Coruña. Plantexouse como un punto de encontro para profesionais do ámbito gráfico, pero tamén como un punto de difusión para afeccionados e futuros profesionais.


A MOSTRA COLECTIVA conta coa participación de ilustradores, debuxantes e deseñadores tanto de A Coruña como de Galicia. Conta con case 50 obras impresas e máis de 20 obras audiovisuales, que se proxectan nunha parede do recinto, e permanecerá pendurada ata o 30 de Outubro.


A actividade CLUBES estructurouse en 4 mesas: AUDIOVISUAL (Ánimas Anónimas), EDITORIAL (Editorial Bululú), VIDEOXOGOS (Molab) e PUBLICIDADE (Creatividade Galega / CANTERA / CESUGA). Tamén0, había unha mesa informativa das dúas entidades organizadoras: o colectivo MIÑOCO e a ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA ILUSTRACIÓN (AGPI). Estas mesas contaban con folletos informativos pensados para rapaces que estén pensando no seu futuro profesional, onde podían atopar os diferentes postos de traballo dentro de cada sector, escolas e centros de formación, e tamén colectivos e0 asociacións profesionais relacionadas con cada medio. Os colaboradores das mesas resolvían as dúbidas que puidesen ter os visitantes e mostrábanlles os seus proxectos.


Tamén se desenvolveu un OBRADOIRO de ilustración aplicada aos 4 sectores. Partindo dun conto popular, plantexaronse 4 exercicios para que os nenos puidesen escoller o que máis lles interesase: deseño de personaxe para videoxogos, ilustración para cartel publicitario, storyboard para película de animación e cómic para edición editorial.


Pola tarde transcurriron as actividades centradas en profesionais. Por un lado primeiro tivo lugar a charla de presentación da gráfica do FKM, con Luis Sendón (autor do cartel) e Talía Perrilla (autora da mostra) como convidados.


A continuación realizouse a mesa redonda VIDA EXTRA moderada por Alberto Guitián (ilustrador), e na que participaron Virginia Curiá (animación), Víctor Fernández (game design), Adriana Villamisar (branding) e Álvaro Valiño (Infografía).


Para pechar as actividades no auditorio entregaronse os premios do CERTAME. O gañador da categoría adultos COMIC/ILUSTRACIÓN foi Mateo Alvarellos; a gañadora da categoría adultos OBRA AUDIOVISUAL foi Lía Rodriguez; e a gañadora da categoría xuvenil DESEÑO DE PERSONAXES foi Antía Bringas, que levou un lote editorial patrocinado por Alita Cómics e Librería Cascanueces.


Como actividade final realizouse o SPEED DATING para profesionais, acompañado dunha sesión informal de NETWORKING, onde se instalou un taboleiro para deixar tarxetas de visita, e se repartiron identificacións para que os asistentes participasen dunha forma máis distendida.




martes, 10 de octubre de 2017

Como foi o PARK and DRAW




Aquí vos deixamos varias imaxes da actividade que fixemos durante o PARK(ING) DAY que organizou o Concello de A Coruña co gallo da Semana Europea da Mobilidade.